" />

A Garda Civil verifica a circulación de furgonetas de paquetería

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, despregou entre as 18.00 e as 02.00 horas de onte a hoxe un dispositivo operativo para a supervisión e verificación da circulación de vehículos mixtos, furgonetas e furgóns de transporte de paquetería. Estas comprobacións tiveron lugar no punto quilómetrico 500 da autovía A-6, en dirección A Coruña, ao seu paso pola cidade de Lugo.

Como resultado deste dispositivo, os axentes detectaron 16 infraccións por exceso de velocidade a vehículos deste tipo. Asemade, propuxeron para sanción outras 20 infraccións relacionadas con este tipo de transporte, cinco delas por exceso de peso.

Dentro deste mesmo dispositivo, os axentes comprobaron que un dos condutores identificados carecía de permiso de conducir tras a perda de todos os puntos polo cal pasou xa a condición de investigado, pasando a disposición do Xulgado de Lugo.

Asemade, realizáronse seis probas para detectar a presenza de drogas no organismo, arroxando un dos sometidos resultado positivo pola presenza de cocaína e THC.

Este tipo de dispositivos enmárcanse nun Plan Operativo Permanente desenrolado polo Sector de Tráfico de Galicia para tratar de diminuír o número de accidentes deste tipo de vehículos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo