A II Feira de Nenos Emprendedores terá lugar no CEI Nodus coincidindo co seu 15 aniversario

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto acompañado de Beatriz Varela, presidenta de mulleres empresarias presentaron esta mañá a II Feira de Nenas e Nenos Emprendedores a cal terá lugar o próximo 29 de novembro no Cei Nodus coincidindo co 15 aniversario do mesmo. Esta xornada conta de novo ca colaboración do Concello de Lugo e está organizada pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo e pola asociación para a integración social e laboral da muller (E Deidades).

O concelleiro de Desenvolvemento Local destacou que con este taller “apostamos por valores tales como o traballo en equipo, a iniciativa, sendo conscientes que o xerme do emprendemento debe iniciarse en idades tempranas, xa que estes nenos nenas seran os futuros emprendedores.

A Presidenta de mulleres empresarias explicou que “Os nenos e nenas realizarán uns talleres formativos os días 22 e 23 de novembro e os traballos realizados serán presentados na II Feira que terá lugar o día 29 de novembro coincidindo co 15 aniversario”.

As idades para poder participar na II Feira de Nenas e Nenos Emprendedores están comprendidas entre os 6 e os 14 anos, a inscripción realizarase a través do teléfono 982226991 e por correo electrónico empresariaslugo@gmail.com finalizando o plazo o 14 de novembro ou ata que se cubran un total de 50 – 60 plazas. Os pequenos o 22 e 23 de novembro participaran en talleres gratuitos previos á feira onde, decidiran o nome da empresa, crearan a imaxe corporativa, a idea de negocio, elexiran o produto ou servizo que van ofrecer, organizaran o equipo de traballo ademais de fixar o tanto por cento dos beneficios obtidos para facer unha doazón a unha ONG infantís, AMPAS, colexios ou asociación que os pequenos emprendedores elixan, con fin de facelos responsables e fomenta a solidaridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com