" />

A Marea Galeguista promove o deporte apostando por potenciar os recursos naturais

A candidatura da Marea Galeguista afirma que “Lugo historicamente tivo nos deportes acuáticos gran sona, nomeadamente no piragüismo pero tamén no remo e traiñas, no atletismo e, nos últimos anos, no triatlón”, polo que instan a “recuperalos, potencialos e popularizalos para ser referentes”.

Asemade a Marea Galeguista pretende “potenciar o turismo co deporte, dando a coñecer a gran beleza medioambiental coa que conta a nosa provincia”. Así, sempre “sendo sustentables e respectuosos coa nosa riqueza natural”, pretenden potenciar na comarca do Courel e Ancares o montañismo, as andainas, a orientación, etc.    Así como promocionar os deportes acuáticos co desenvolvemento turístico na Ribeira Sacra, ao carón do Sil….

A coalición proponse reforzar a recuperación dos deportes tradicionais “que os nosos ancestros practicaron durante moitos anos, sendo unha válvula de escape para as súas vidas e sendo momentos de lecer e encontros a destacar”, enfatizando que “ata agora so contan con axudas esporádicas e intermitentes que non os consolidan”.

Dende a Marea Galeguista por Lugo reivindican a 3ª hora de Educación Física para “coidar o deporte e a educación física dende idades temperás para obter unha sociedade máis saudable e máis formada”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo