" />

A mesa de transporte público avanza de cara á implantación das novas liñas de autobús

O Concello de Lugo vén de realizar unha nova xuntanza da Mesa de Transporte, na que se traballou de cara á implantación definitiva das novas liñas de autobús. Segundo indicou o concelleiro de Infraestruturas e Tenente de alcalde, “para a confección das novas liñas contamos con  máis de 1000 propostas da veciñanza”. Segundo indicou, “dende a área de mobilidade levarase a cabo unha campaña previa á implantación para presentar as modificacións ás veciñas e veciños”.

“Aumentamos a frecuencia das conexións dos distintos puntos da cidade”, indicou o edil ao respecto das modificacións, que contemplan unha conexión cada 10 minutos entre as zonas norte e sur da cidade, o reforzo das conexións do HULA cos barrios, entre os que destacan a conexión do hospital con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo actual non teñen transporte directo.

“As novas liñas mellorarán as conexións dos polígonos do Ceao e das Gándaras, e conectarán o barrio de Fontiñas con estes”, indicou o Tenente de alcalde, que engadiu que “as frecuencias que actualmente son dunha hora, como nos barrios da Ponte, a Cheda ou a Abella, pasarán a ser de 30 minutos”.

O PP, satisfeito

O Partido Popular expresou a súa satisfacción polo resultado do cruce de propostas que hoxe se fixo no marco da Mesa de Transporte que impulsa o BNG. “Conseguimos incorporar a práctica totalidade das nosas achegas”, explicaba o vicevoceiro do PP, Antonio Ameijide, quen avanzaba o seu desexo de que “a remodelación do transporte urbano se faga o máis axiña posible para mellorar a accesibilidade e mobilidade dos cidadáns”. “O goberno local perdeu o tempo desesperando a moitos veciños e veciñas que dependen do autobús, agora xa no caben as disculpas”, matizaba o popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo