" />

A nova RPT do Concello entrará en vigor o 1 de xuño

O Concello de Lugo contará a partir do vindeiro luns, 1 de xuño, cunha nova Relación de Postos de Traballo como paso para acometer a modernización da institución local.

O executivo agarda que nesa data poida entrar en vigor o documento, a primeira ordenación do persoal municipal que se materializa en 14 anos, e coa que o goberno pretende corrixir as deficiencias detectadas nos últimos meses pola Intervención Municipal en materia de recursos humanos.

Logo de que a principios de decembro a RPT fora aprobada en Mesa de Negociación pola unanimidade dos sindicatos – nun acordo histórico para o consistorio lucense – e de que concluíra o período de reclamacións, no que se presentaron 158 alegacións – o 95% reivindicando unha subida salarial – das que máis dun terzo foron parcial ou totalmente estimadas, esta mañá a Xunta de Goberno Local ratificaba o texto.

A rexedora subliña a súa transcendencia en tanto permitirá regularizar a situación laboral das e dos traballadores do Concello.

A alcaldesa destacou que esta nova planificación propiciará o aumento da polivalencia do persoal, que poderá ocupar diferentes postos de traballo ao tempo que se incrementa a súa produtividade. “

Contratación dun servizo 24H de reparación de avarías nas redes de abastecemento e saneamento muncipais.

Xa noutra orde de asuntos, na reunión que o equipo de goberno mantivo esta mañá aprobáronse varios expedientes de contratación. Os máis destacados: a apertura dos procedementos para licitar un servizo de execución e reparación de avarías na rede de abastecemento municipal, en apoio á Brigada de Augas, e doutro para asumir as intervencións que se sucedan nas canalizacións de saneamento da cidade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Mai 27, 2020 - 08:17 PM

    Guapas!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo