" />

A obra Don Ricardo de Fingoi presentada en Lugo

O libro Carvalho Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi, presentouse onte no salón de actos da Biblioteca Municipal de Lugo. A obra dá conta do importante legado intelectual e persoal que deixou Ricardo Carvalho Calero durante os seus 15 anos de estancia en Lugo e o seu paso polo Colexio Fingoi se consideran decisivos na traxectoria profesional, persoal e intelectual do autor homenaxeado este 17 de maio pola Real Academia Galega (RAG).A obra que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, foi conta coas colaboracións da RAG e do Colexio de Fingoi, réndelle homenaxe ao autor desde os testemuños, entroutros, de quen foron os seus alumnos e alumnas e reflite as súas pegadas na cidade de Lugo, na que o autor viviu tres lustros (de 1950 a 1965) e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixeron hoxe a presentación pública, xunto co presidente do Colectivo Egeria Xulio Xis, promotor do proxecto. García Gómez salientou que “Carvalho Calero foi profesor e director dun colexio que destacou pola súa innovación pedagóxica e polo compromiso firme coa lingua e coa cultura galegas”. Ademais dos representantee Asunción Fernández (Siña), directora do Colexio Fingoi,

O proxecto homónimo inclúe, ademais deste libro, un web e unha exposición itinerante, ademais dun folleto que reflicte integramente os trece paneis da exposición. Todos os materiais poden consultarse e descargarse nos portais web www.carballocaleroenlugo.org e https://colectivoegeria.org/portfolio/don-ricardo-de-fingoi-carballo-calero-en-lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo