A Policía Local intervén nunha quedada de coches nas Gándaras

A Policía Local interveu na noite do pasado venres nunha quedada de vehículos no polígono das Gándaras, logo de establecer un dispositivo para garantir a seguridade viaria na zona e prohibir e sancionar as condutas infractoras como competicións ou carreiras ilegais.

O Grupo Operativo Nocturno da Policía Local controlou uns 35 vehículos e interpuxo varias denuncias por diferentes infraccións.

Este mesmo operativo actuou, tamén no Polígono das Gándaras, en noites posteriores, sorprendendo en torno ás 4.30 horas da madrugada do sábado ao domingo, ao condutor dun vehículo que foi sometido ás probas de detección alcólica, arroxando un resultado positivo de 0,71 e 0,63 mg/l, incoándose expediente sancionador, o que suporía 1.000 euros de sanción e 6 puntos de retirada do permiso de conducir.

Segundo advertiu o Concello de Lugo, tanto a administración local como a policía realizarán un seguimento, con todos os medios ao seu alcance, que poden pór en risco a seguridade dos condutores dos propios vehículos e ao resto de usuarios da vía pública.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo