A Policía Local recibe tres novos vehículos patrulla híbridos

A  alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aproveitou hoxe a reunión que mantén de xeito semanal co Inspector de Policía Local, Jesús Piñeiro, para falar sobre este servizo e para revisar as novas incorporacións á frota de vehículos.

Trátase de tres radios patrullas Toyota Prius Plus híbrido, automáticos, con kit de detidos, equipados con panel despregable na ponte con mensaxes de emerxencia e con tablet de acceso á base de datos e á xestión de multas.

Estas adquisicións enmárcanse nas “renovacións necesarias da frota da Policía, que estamos a desenvolver xa seguindo co modelo de cidade verde e sostible no que traballamos, con vehículos ecolóxicos e híbridos”.

Coa incorporación destes tres novos vehículos, a Policía Local de Lugo conta actualmente con seis radio patrullas con kit de detidos, tres de eles hibridos, un suv híbrido, dous todoterreos, un coche camuflado , seis motocicletas e un vehículo de aluguer. Está previsto que este ano tamén se incorpore á súa frota de vehículos un furgón de atestados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com