" />

A policía sorprende a cinco mozos facendo botellón no parque Marcos Cela

Durante a pasada noite, o Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo con apoio dun equipo da Unidade de Atestados do devandito Corpo, estableceu un dispositivo especial para o control do cumprimento das medidas de prevención impostas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia como consecuencia da evolución da situación derivada do COVID-19, levantándose NOVE actas-denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao sorprender a cinco mozos que realizaban un “botellón” no Parque de Marcos Cela, consumindo bebidas alcohólicas, sendo denunciados pola realización do “botellón” e por non facer uso da máscara de protección obrigatoria.

Asemade un dos mozos foi denunciado ademais por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental ao deixar vasos contendo unha mestura de bebida alcohólica sobre a varanda de madeira situada nas escalinatas que comunican o Parque Marcos Cela coa rúa Santiago e por desobedecer aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, o que supón unha infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá que é remitida á Subdelegación do Goberno, levando aparellada unha sanción de ata 30.000 euros.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Berta Teijeiro Fernández
    Set 09, 2020 - 05:44 PM

    Se ve que non patrullan por aquí mais a miudo, non sería un caso de un botellón aislado😡😡fan ahí botellón de costume

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo