" />

A Ponte Ribeira en Sarria reabrirá a finais de ano

Os traballos de acondicionamento e reapertura da Ponte Ribeira, no Concello de Sarria, comezarán no mes de setembro e estarán rematados previsiblemente a finais de ano. O orzamento total destas obras, que o Concello prevé licitar neste mesmo mes de agosto, é de 450.000 euros, dos que a Deputación achegará 150.000 e o Concello a cantidade restante, procedente de fondos propios. Así o avanzou o Vicevoceiro do Goberno, Pablo Rivera Capón, quen subliñou que “aprobamos en Xunta de Goberno un novo convenio para financiar, xunto co Concello de Sarria, as actuacións que se levarán a cabo nesta ponte, consistentes no retranqueo dun piar e a reposición do taboleiro, e coas que damos resposta a unha vella demanda dos veciños e da propia Alcaldesa”.

Rivera Capón subliñou que “tivemos que redactar un novo convenio, pois a demora na concesión dos permisos fixo que o anterior acordo quedara obsoleto, impedindo que os traballos se executaran nos prazos previstos. Deste xeito, queda evidenciado que as sucesivas trabas e impedimentos interpostos pola anterior dirección da Confederación Hidrográfica Miño Sil, foron causantes de que as obras se dilataran no tempo, ata o punto de levar 4 anos pechado este viaduto. Unha situación de especial gravidade, pois trátase dunha vía de comunicación fundamental tanto para os veciños e veciñas da vila, que se ven obrigados a dar un gran rodeo para cruzar á outra marxe do río; como para os máis de 200.000 peregrinos que pasan anualmente por Sarria, e que ven interferida a súa ruta, pois por esta ponte pasa o Camiño Francés”.

Confederación Hidrográfica

Segundo o voceiro da Deputación, “a anterior dirección da Confederación Hidrográfica Miño Sil, responsable desta infraestrutura, paralizou sistematicamente as obras, tardando máis de dous anos en enviar a súa resolución favorable para a realización dos traballos. Co cambio no Goberno Central e na CHMS, axilizáronse os permisos, e recibimos o visto bo para acondicionar a Ponte Ribeira a principios do pasado mes de xullo”, engadiu.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo