" />

A primeira tradución ao galego de ‘Poeta en Nova York’, en Lugo o 29 de xaneiro

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo participou hoxe na presentación de Poeta en Nova York xunto coa directora da obra Paloma Lugilde e Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego. Á presentación acudiu tamén o elenco da obra, formado polas lucenses Sabela Eiriz e María Roja, xunto con Sergio Zearreta.

A área de Cultura promove un pase matinal para que “centros de ensino da cidade poidan achegarse ao teatro”, declarou titular municipal, que asegurou que “trataremos de dar continuidade a este tipo de iniciativas no resto de representacións artísticas para favorecer o acceso da mocidade á cultura”.

“É un orgullo que Poeta en Nova York se represente por primeira vez en Lugo”, indicou a edil, que agradeceu tamén a colaboración do Centro Dramático Galego neste proxecto e anunciou a colaboración do Concello con esta institución. A concelleira de Cultura animou ás veciñas e veciños de Lugo a asistir “a unha mostra de teatro diferente ao que estamos a ver no teatro, máis intimista e cercana”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo