" />

A Residencia de Sarria terá que indemnizar a unha traballadora por vulnerar o seu dereito de conciliación

O Xulgado do Social Nº 2 de Lugo ven de condenar á Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria por vulnerar o dereito de conciliación dunha traballadora, condenando ademais a aboar a cantidade de 2500€ en concepto de indemnización polo danos causados á traballadora.

No mes de xaneiro a Residencia de Sarria, a través de comunicación asinada polo seu Presidente, o membro do Goberno Municipal, Benjamín Escontrela , comunica á traballadora a modificación do seu horario laboral, cando a mesma estaba desde o ano 2013 en situación de redución de xornada e desfrutaba dunha concreción horaria pactada  coa propia Residencia.

Tal e como reflexa a propia sentenza a modificación de horario feita de xeito unilateral pola Residencia carecía de xustificación e ademais o horario que tiña a traballadora estaba suficientemente xustificado. Esta decisión obrigou á traballadora a ter que recurrir a unha excedencia para poder conciliar a súa vida laboral e familiar.

“Desde a CIG consideramos verdadeiramente lamentable que un organismo público dependente dunha institución, como é o Concello de Sarria recurra a prácticas laborais de vulneración de dereitos fundamentais, actuando de xeito absolutamente arbitrario e a capricho neste caso dun concelleiro”, explica o sindicato.

A Residencia de Sarria ven sendo desde hai anos fonte de continuos conflictos, e nesta última lexislatura os mesmos foron a mais, sendo claramente deficiente a xestión da mesma, co agravante de ter sen cubrir o posto de Dirección desde hai mais de ano e medio, dex eito que as funcións son asumidas por unha traballadora afin ao Sr Escontrela, que non reune nen requisitos nen coñecementos para xestionar a Residencia, e saltandose así desde o Concello os principios de Mérito, Igualdade e capacidade nunha responsabilidade da importancia que é a dirección dunha Resridencia de Maiores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo