A Sala Tebras recibe a Rayden en concerto o sábado

A Sala Tebras xa ten todo listo para o seu segundo gran concerto. Tras unha exitosa inauguración con Xoel López, a primeira sala de concertos de gran capacidade da cidade das murallas, aposta por cambiar de estilo para seguir abríndose ao público lucense e trae ao rapeiro Rayden que tocará en Tebras este sábado a partir das 22.00 horas (apertura de portas a partires das 21.00 horas).

As entradas xa están dispoñibles na páxina web da sala, no seguinte enlace: https://tebras.es/rayden/.

O artista

Rayden (Madrid, 1985) é un polifacético artista que leva no mundo da música dende o 2001, ano no que se adentrou no rap grazas ao grupo Assamitas, máis tarde coñecidos como A3Bandas, cos músicos Chakal e DJ Mesh. No ano 2006 Rayden participa na súa primeira batalla de gallos na que se proclama campeón de España e, posteriormente, campeón mundial en Colombia. No 2010 e logo do seu proxecto con A3Bandas, publica o seu primeiro LP en solitario, baixo o título de Estaba escrito, con colaboracións de grandes do mundo do hip hop como Nach, Hermano L, McKlopedia, Seih, Isaac de Bajo Mínimos, Ingrid e Lumier.

En novembro de 2012 edita o seu segundo traballo titulado Mosaico contando, de novo, con grandes colaboradores e co que pecha unha xira de presentación de cheos absolutos en gran parte do estado. O seu terceiro disco, En alma y hueso, entrou directo no número 37 na lista de vendas en España na que permaneceu 11 semanas. Con este traballo ademáis, o artista é nominado aos Premios da Música Independiente en varias categorías onde logra facerse con dous deles ‘Mellor Videoclip’ e ‘Mellor Artista Radio 3’, sendo o primeiro artista de rap recoñecido con este galardón. Ademáis, entre as nominacións Rayden tamén conta coa de ‘Mellor Artista Español’ nos MTV European Music Awards.

En 2017 presenta o seu último traballo discográfico ata o momento, Antónimo baixo o sello de Warner Music, co que continúa enchendo salas en todo o país. Así, a Sala Tebras acollerá este sábado, 8 de xuño, un dos seus numerosos concertos dentro da xira Sinónimo Tour.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com