A Seguridade Social presenta en Lugo o Importass co que se poderán realizar ata 40 trámites coa Administración

O director provincial da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, e a directora de Administración da TXGSS na provincia de Lugo, Laura Copa, presentaron hoxe na subdelegación de Goberno, o novo portal da Tesourería, Importass, que permitirá a cidadanía realizar ata 40 trámites e xestións coa administración.

A Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, que estivo presente no acto no que se realizaron demostracións prácticas do funcionamento do portal, asegurou que o Importass supón “un avance no obxectivo do Goberno de darlle as máximas facilidades aos cidadáns nas súas relacións coa Administración aproveitando as posibilidades que nos brindan as novas tecnoloxías”.

A subdelegada indicou que “a Seguridade Social está dando moitos pasos neste sentido, como o demostrou coa creación do asistente virtual ISSA durante os primeiros meses da pandemia ou coa posta en marcha de @incluinfo, a canle de atención á cidadanía en Twitter”.

Pola súa parte, Juan José Rodríguez Gude informou en Importass poderanse facer xestións como, por exemplo, a consulta de información de vida laboral, obter informes, o número da Seguridade Social ou dar de alta a unha persoa empregada do fogar.

Contido principal

A nova web organizouse distinguindo dúas partes: unha páxina principal ou de acceso público, e unha área persoal. Na área pública está toda a información necesaria para realizar calquera trámite ou xestión, nunha linguaxe próxima e comprensible por calquera cidadán.

Organízase en catro grandes categorías: vida laboral e informes; altas, baixas e modificacións; consulta de pagos e débedas, e modificacións. Por tanto, ao accedera área pública poderase consultar un informe de vida laboral, o número da Seguridade Social, xestionar un alta no Réxime de Autónomos e dar de alta a un empregado do fogar, ou obter un documento que acredite que estás ao corrente no pago das débedas coa Seguridade Social.

Debido ás características especiais no ámbito da Seguridade Social das persoas que traballan ou empregan no ámbito do fogar ou familiar, no deseño de Importass tívose moi en conta a súa linguaxe, a formulación das preguntas e as mensaxes. Ademais, incluíuse un simulador que calcula a cota mensual que se pagaría ao dar de alta a un traballador do fogar, só indicando quen realizará o alta, os datos da xornada e o salario mensual máis as pagas extras.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Mai 18, 2021 - 03:10 PM

    Hay que joderse… Pagamos con nuestros impuestos un ejército de Funcionarios metidos en edificios carísimos, que por supuesto también pagamos, para que el ciudadano haga de su Hogar una Oficina, adquiera unos conocimientos informáticos obligado, para terminar siendo su propio Funcionario, eso sí, sin salario.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com