A sexta Ruta Castrexa de Mototurismo percorrerá 12 concellos da provincia de lugo o vindeiro 13 de xuño

A Ruta Castrexa de Mototurismo, organizada pola Asociación Motorista Lucense, que se celebrará o próximo 13 de xuño cun percorrido por 12 concellos da provincia de Lugo, foi presentada na Delegación da Xunta en Lugo.

Os detalles da iniciativa déronse a coñecer nun acto celebrado hoxe pola mañá no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; o presidente da Asociación Motorista Lucense, José Aurelio Novoa; e o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Canda, entre outros representantes.

Na antesala do Xacobeo 2027, a ruta dará este ano un protagonismo especial aos municipios polos que discorren os Camiños Francés, Norte e Primitivo. O itinerario suma arredor de 450 quilómetros e atravesará os concellos de Lugo, Abadín, Trabada, Ribadeo, A Ribeira de Piquín, A Pastoriza, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Sarria e Portomarín.

Javier Arias destacou que a actividade “combina deporte e cultura” e contribúe á difusión do patrimonio natural e monumental da provincia.

A proba forma parte do Campionato Galego de Mototurismo e non ten carácter competitivo, polo que cada participante poderá escoller o itinerario concreto polas estradas que considere máis axeitadas. A organización establecerá unha vintena de puntos de control e calcula unha velocidade media de 50 quilómetros por hora.

A saída terá lugar ás 10.00 horas desde a Praza da Mosqueira, mentres que a chegada ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo deberá realizarse antes das 20.00 horas. As inscricións poden formalizarse a través da páxina web do evento

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com