A socialista Margarita Pérez Herráinz esixe ao goberno central que garantice a recollida do leite

O Grupo Socialista pide o goberno central que volva modificar o último Real Decreto aprobado sobre o sector do leite, o RD 125/2015 do 27 de febreiro, para garantir a recollida e que elabore un plan de inspeccións que asegure o cumprimento de toda a normativa.

Así reclámao na súa nova Proposición non de Lei, froito dunha autoemenda, “porque o Goberno deixou fóra do novo Real Decreto moitas das reivindicacións do sector, que son necesarias para a súa supervivencia”, iniciativa que defenderá esta tarde na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio, a deputada por Lugo Margarita Pérez Herraiz.

“De non tomar medidas como as que propoñemos os socialistas con esta nova Proposición non de Lei -advirte Pérez Herraiz- a supervivencia do sector lácteo será moi difícil”. “O Goberno de España non tomou as decisións oportunas para que o sector puidese estar preparado tras a desaparición do sistema de cotas de produción”,

Alertará tamén de que “as industrias seguen premendo autos produtores de forma individual para que asinen os contratos nas condicións fixadas unilateralmente pola industria, ante o risco de non recollida do produto”.

Ademais, incidirá en que -tras mes e medio de entrar en vigor o novo RD aprobado polo Goberno do PP e 15 días despois de desaparecer o sistema de cotas- “nos encontramos, especialmente en Galicia, con que as industrias e os primeiros compradores de leite están a entregar aos gandeiros ofertas de contratos con prezos por debaixo dos custos de produción (ata 20 céntimos por litro) moi por debaixo dos prezos que se pagan noutros países e por un volume inferior á capacidade produtiva”.

Na iniciativa pídese ao Goberno “que volva a modificar o RD sobre o lácteo para “que se incorpore como referencia de volume obxecto do contrato o leite producido nos últimos 12 meses anteriores a este, garantindo a recollida e prohibindo un dobre prezo para este volume,” “que a mediación sexa obrigatoria e efectiva, con facultades reais de arbitraxe e sanción” e “que se recupere a obriga de que os contratos teñan tres copias para que unha delas quede na Interprofesional Láctea”.

Os socialistas reclaman ademais “elaborar un Plan de Inspeccións claro e con seguimento periódico nas superficies comerciais para vixiar o cumprimento da Lei da cadea alimentaria; de control das importacións e de cumprimento do RD 125/2015”. Así mesmo, “elaborar un programa de axudas aos produtores de leite que lles axude a adaptarse ao mercado sen cotas e a establecer un seguro de rendas”, “establecer un foro permanente de produtores, industria e distribución do sector lácteo liderado polo Ministerio de Agricultura, definir e regular un sistema de trazabilidade do leite e dos produtos derivados do sector lácteo en España” e “mellorar o sistema de etiquetaxe para que permita ao consumidor valorar a procedencia do leite”.

Tamén, “que o Goberno propoña á Comisión da UE que active medidas de mercado ante a gravidade da situación de crise de prezos”, e “a actualización dos prezos de intervención pública de leite en po e manteiga para cubrir custos de produción dos gandeiros”.

Na súa intervención na Comisión, Pérez Herraiz reclamará ademais que se reverta nos gandeiros a sanción de 88 millóns de euros que Competencia impuxo á industria por manipulación do mercado. Afirma que o Goberno utilizou como ameaza por posible sobreprodución os datos da última campaña, para advertirlle de que ” debe facilitar os datos de produción do mes de marzo, porque pola contra estaría a realizar unha seria manipulación da campaña electoral”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com