A Subida a Chantada volve ao Campionato de España

Este martes na Casa da Cultura de Chantada, presentouse a 45 edición da Subida a Chantada, na que participaron representantes do Concello e a Deputación que colabora coa carreira de coches cunha achega de 7.000 euros. A Subida a Chantada que durante esta fin de semana reunirá a máis de 72 pilotos e numeroso público na vila é unha das carreiras de rallies máis importantes de Galicia.  Este evento automobilístico, retorna unha década despois ao Campionato de España desta especialidade conta cunha axuda da Deputación, o que supón que os principais pilotos desta proba daranse cita na Ribeira Sacra.  

Na lista de inscritos destaca a presenza de pilotos moi recoñecidos polos amantes do mundo do motor como Javi Villa, actual campión de España, José Antonio López Fombona, Javobo Sobral, Manuel Sentra ou Jesús Ferreiro ademais de todos os habituais do Nacional de España, así como un numero importante de pilotos galegos. O evento reunirá unha grande variedade de vehículos entre os que se inclúen 21 fórmulas, 8 vehículos históricos e turismos tan espectaculares como un Lamborghini Huracán, co que competirá Fombona.

 O Percorrido

A Subida a Chantada manterá un ano máis o seu percorrido, invariable dende hai 26 anos, pola estrada LU-533 de Lalín—A Gudiña. Os participantes enfrontaranse aos 4,1 quilómetros deste treito cronometrado cunha pendente media do 7,5% ata a confluencia coa estrada Chantada Monforte, onde comeza parte máis rápida do percorrido e onde os pilotos poden chegar a rozar os 200km/h.

Programa

Sábado 17 de agosto

7:30 horas. Apertura do parque nocturno Vixiado

9:00 horas. Verificación de Vehículos con anomalías

11:00 horas. 2ª Reunión dos Comisarios Deportivos

11:00 horas. Peche de estrada ao tráfico

11:30 horas. Saída dos vehículos do Parque Pechado a Asistencia

12:00 horas. Lista de Aurorizados a tomar parte nos Adestramentos

12:15 horas. Inspección definitiva de seguridade

13:00 horas. Inicio Adestramentos Oficiais 1

15:00 horas. Inicio Adestramentos Oficiais 2

17:00 horas. Inicio Carreira 1

18:00 horas. 3ª Reunión dos Comisarios Deportivos

18:30 horas. Publicación das Clasificacións oficiais da Carreira 1

19:30 horas. Comunicado de Prensa

21:30 horas. Hora límite de entrada no Parque Nocturno Vixiado

Domingo 18 de agosto

7:30 horas. Peche da Estrada ao Tráfico

8:00 horas. Saída dos vehículos do Parque Pechado á Asistencia

8:30 horas. Inspección definitiva de seguridade

9:00 horas. Inicio de Adestramentos Oficiais 3

11:00 horas. Inicio Carreira 2

13:00 horas. Inicio Carreira 3

14:00 horas. 4ª reunión dos Comisarios Deportivos

15:00 horas. Entrega de trofeos

15:45 horas. Roda de prensa-comunicado de prensa

16:00 horas. Publicación das Clasificacións oficiais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com