" />

A Tasca do Liño chega á súa décima edición

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a Concelleira de Cultura, Consuelo Grandío, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua, Lourdes Otero Mato, presentaron hoxe na Casa de Cultura de Vilaba a Tasca do liño, unha cita de carácter lúdico cultural que chega á décima edición, e que terá lugar o vindeiro 27 de outubro.

Vidal Baamonde destacou que “dende a Deputación decidimos sumarnos a esta iniciativa por ser parte fundamental do noso pasado, da nosa historia. Un evento que, coincidindo coa celebración do Día da Muller Rural, se pon en valor a figura e o traballo desas mulleres, pois foi unha labor que sempre se vencellou á muller do rural e que, en moitas ocasións, parece estar esquecida”.

“É unha cita de recreación de alto interese pois dá a coñecer un dos traballos artesanais téxtiles máis ancestrais. Posúe ademais un carácter moi singular, xa que achega ás persoas a cultura do liño, moi descoñecida para o público en xeral, que servía tamén de punto de encontro para os veciños, que se xuntaban para tascar”, destacou.

Otero Mato explicou que a tasca do Liño é o procedemento polo que se obtén a fibra do liño separándoa do seu recubrimento exterior -aresta- para seren aproveitada posteriormente no ámbito téxtil. É un laborioso traballo para o que se xuntaban os veciños da parroquia durante longas noites de inverno, o que se convertía tamén nun importante lugar de encontro e dinamización social, tratándose dun fito moi importante dentro da cultura tradicional do mundo máis rural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo