A UMAR volve ao Hospital da Costa o vindeiro martes

A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) colocarase na entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 5 de abril no seu horario habitual, de 11 a 13 horas.

O fin destes dispositivos é informar a usuarios, profesionais e veciños da situación de emerxencia que está a sufrir a sanidade pública , con déficits importantes de persoal e cunhas agardas inaceptables, tanto para facer probas diagnósticas como para consultas ou intervencións. Tamén desde a UMAR redactaranse e rexistraranse reclamación a aqueleas veciñas e veciños que así o precisen e por estes mesmos motivos.

A coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro , no nome do colectivo anima a veciñanza a que se achegue ata a entrada principal do Hospital da Mariña para facer a súa reclamación, porque “a reclamación é un dos mecanismos dos que dispoñemos para denunciar as vergoñentas agardas que temos que soportar e que incumplen flagrantemente a lei de garantías sanitarias”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com