" />
Desinfeccion HULA

A UME realiza traballos de desinfección

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) volve despregarse hoxe na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis de loita contra o virus do COVID-19,
para realizar novos traballos de desinfección en distintas instalacións consideradas sensibles.

Isabel Rodríguez explicou que a UME volve á provincia de Lugo, por segunda vez, desde a declaración do estado de alarma sanitaria. Na anterior ocasión, o día 24 de marzo, despregouse en seis concellos onde realizou labores de desinfección en centros sanitarios, residencias de maiores e noutras instalacións consideradas sensibles polo elevado número de persoas que se concentran nelas.
Na xornada de hoxe 61 efectivos da UME con 22 vehículos teñen previsto facer labores de desinfección en distintas instalacións situadas nos municipios de Lugo, Cospeito e Outeiro de Rei. Así, está programado que actúen en varias residencias de maiores, no HULA, nos centros de saúde de Muimenta e de Feira do Monte e na Casa do Concello de Cospeito, entre outros lugares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo