" />

A UXT pide ás aseguradoras que “apuren” as indemnizacións ás empresas afectadas polo incendio do CEAO

O sindicato UXT vén de instar ás aseguradoras  a que “apuren” as indemnizacións ás empresas afectadas polo incendio ocorrido onte no Polígono Industrial do Ceao, no que tres naves resultaron calcinadas por completo e outras tantas foron afectadas polas lapas. O sindicato xa avanzou que velará porque as consecuencias deste lume non cheguen aos preto de 100 traballadores destas empresas.

O secretario xeral da organización sindical advertiu ás direccións das empresas afectadas que se poñan “mans á obra” coas aseguradoras e coas administracións para “apurar o máximo posible” que se cubran os danos e “volva a actividade ás empresas canto antes”.

Dende o sindicato resaltan que “temos que velar porque ese incendio que causou eses danos materiais graves, non se vexa reflexado no que os traballadores teñan problemas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo