A veciñanza de Tirimol e Pías agradece a paralización do proxecto LuGaz e confía nas palabras de Carmen Lence

A veciñanza próxima á zona deconstrución do proxecto LuGaz quere expresar o seu agradecemento a Carmen Lence pola decisión anunciada de paralizar o proxecto e pola súa disposición a escoitar as preocupacións da cidadanía. Confiamos nas súas palabras e esperamos que non nos defraude.

Queremos deixar claro que non estamos en contra das empresas veciñas nin da actividade económica, senón deste proxecto en particular, polos seus posibles efectos negativos sobre o medio ambiente, a saúde e a calidade de vida das persoas que vivimos aquí.

Estamos a favor das empresas que fan medrar Lugo, das innovacións responsables e das inversións que repercuten positivamente na sociedade.

As xornadas informativas organizadas pola veciñanza foron e seguen sendo abertas a calquera persoa que queira participar, propoñer ou informarse. Reiteramos que non hai ningún partido político detrás deste movemento: aquí hai veciños e veciñas de todas as cores, unidos na defensa común do noso territorio e da nosa vida no rural.

Agradecemos de novo a paralización.

Non nos defraudes, Carmen Lence.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com