A Xunta comeza en xullo as melloras da LU-621 entre Láncara e A Pobra

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou as obras de reforzo de firme localizado na estrada autonómica LU-621 entre A Pobra de San Xiao e Láncara por un orzamento de adxudicación de máis de 392.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o proceso está en fase de formalización do contrato, polo que previsiblemente as obras darán comezo o vindeiro mes de xullo. Unha vez iniciadas, teñen un prazo máximo de execución de tres meses.

A actuación afectará a un tramo de de 8,2 quilómetros no municipio de Láncara e da continuidade ás melloras iniciadas na vía o pasado ano, co que se completa a renovación total do traxecto entre A Pobra de San Xiao e Láncara.

En concreto, o proxecto afecta ao treito comprendido entre o punto quilométrico 1,020, na intersección de Valdriz na Pobra de San Xiao, e o punto 9,300, na travesía de Láncara -onde enlaza co treito xa reformado nos pasados meses-.

As obras van dirixidas a reparar o pavimento deformado, tanto lonxitudinal como transversalmente, regularizando o firme a base de mixtura asfáltica en quente (aglomerado) e aplicando posteriormente unha nova capa de rodadura tamén de aglomerado de cinco centímetros de espesor en toda a calzada.

Así mesmo, procederase á limpeza e reperfilado das cunetas, que mesmo nalgúns tramos serán revestidas de formigón e cunha sección franqueable para mellorar a seguridade viaria. Por último, instalaranse barreiras de seguridade e a correspondente sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución das obras, unha vez que se formalice o contrato de adxudicación, será de tres meses.

Balseiro sinalou que con estas actuacións da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) “lógrase incrementar a comodidade na circulación e a seguridade para os usuarios da estrada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo