A Xunta abre dende hoxe ao público o aparcamento do IES Lucus Augusti


A Xunta de Galicia abre desde hoxe ao público as prazas de aparcamento do IES Lucus Augusti fóra do horario lectivo, ampliando así a oferta de estacionamento no centro de Lugo. En total, estarán dispoñibles 49 novas prazas, dúas delas reservadas para persoas con mobilidade reducida, situadas na avenida Rodríguez Mourelo.

O horario de apertura será de luns a venres laborables entre as 15:30 e as 23:30 horas. Pola súa banda, durante as fins de semana, días festivos e ao longo de todo o mes de agosto, o aparcadoiro poderá utilizarse as 24 horas do día.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, destacou que este horario amplo contribuirá a aliviar a presión de estacionamento no centro urbano, sumando case 80 novas prazas entre os dous recintos habilitados recentemente.

Arias subliñou que esta medida responde ao compromiso da Xunta de abrir ao público o aparcadoiro do instituto unha vez rematadas as obras de rehabilitación integral do IES Lucus Augusti, nas que se investiron 3,3 millóns de euros.

Así mesmo, incidiu na importancia de respectar o funcionamento habitual dos centros educativos, que manteñen actividade tamén en horario de tarde con clases, reunións e tarefas de xestión. Por este motivo, no IES Lucus Augusti resérvanse oito prazas para a comunidade educativa, ao igual que no IES Ollos Grandes, onde se reservaron sete.

Para facer posible esta apertura, a Xunta asinou un convenio co Concello de Lugo, co obxectivo de garantir a seguridade xurídica e permitir a intervención da Policía Local ante posibles infraccións ou incidencias relacionadas co tráfico e a seguridade viaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com