" />

Feridas catro persoas nun accidente en Guntín

Catro persoas, dous adultos e dous menores, foron evacuados esta tarde ao resultar feridos despois de sufrir un accidente co vehículo no que viaxaban.

Sucedeu ao fío das catro e media, na A-54, en Entrambasaugas, no concello de Guntín.

A esa hora, unha persoa particular daba conta do suceso ao 112 Galicia. Indicaba que unha furgoneta chocara contra a mediana da autovía e que ninguén saíra do vehículo.

Os xestores do 112 pasaron aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Chantada e aos membros do GES de Monterroso. Do mesmo xeito foron avisados os axentes de Tráfico.

Finalmente, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia a evacuación dos catro feridos en ambulancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo