A Xunta actualiza a listaxe dos hoteis de garda da provincia de Lugo e ofrece cultura on line de balde

O Delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, declarou que: temos que agradecer a boa disposición dos 11 hoteis da nosa provincia que decidiron colaborar coa Xunta para crear aloxamentos de garda. Son habitacións  a disposición de persoas que poidan verse afectadas polo peche dos hoteis que decretou o Goberno central como consecuencia da crise do coronavirus.

Estamos a falar de aloxamentos dirixidos a colectivos moi específicos: traballadores desprazados con residencia noutros lugares que estean a prestar servizos esenciais, como persoal sanitario ou de residencias, operarios de obras públicas, colectivos en situacións de especial vulnerabilidade social como vítimas de violencia de xénero e, finalmente para cidadáns en tránsito.

Na web da Xunta e de Turismo de Galicia pódese acceder ao listado completo por cada provincia, que se actualiza en función das circunstancias.

https://www.turismo.gal/covid19

Esta listaxe de aloxamento é dinámica polo que pode sufrir cambios que serán debidamente actualizados.

Para a xestión de reservas e dúbidas sobre aloxamento, están dispoñibles o teléfono 986 44 70 60 e o enderezo mice@abramar.com da empresa especializada Viajes Abramar, encargada de dar soporte nestas semanas á demanda de aloxamento.

Hai aloxamentos dispoñibles en 8 municipios lucensesLugo cidade, Ribadeo, Viveiro, Monforte, Vilalba, Sarria, Portomarín e Burela. Todos prestan a súa colaboración voluntariamente e adoptarán todas as medidas de seguridade e hixiene sanitaria oportunas”

Cultura on-line de balde 

A Xunta de Galicia, tamén vén de facilitar as condicións de acceso a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Ata agora só estaba accesible para os usuarios destas bibliotecas, polo que era preciso ter carné, e desde este momento ábrese toda a poboación. Esta nova medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha a raíz da crise sanitaria co obxectivo de ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de internet que chegue a todos os fogares da Comunidade.

Así, entre outros servizos, os galegos poden descargar e visionar nos seus ordenadores, tablets ou móbiles obras en formato dixital de temáticas diversas que cobren un amplo espectro de interese e de idades.

Rexistro rápido e sinxelo

Para facilitar o acceso a esta plataforma só é necesario rexistrarse mediante o formulario dispoñible na páxina web de GaliciaLe. Tras cubrir o formulario, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico as claves para acceder a plataforma. Cando remate o estado de alarma, os usuarios disporán dun período de 30 días para e recoller o seu carné e seguir gozando das vantaxes da rede de bibliotecas públicas de Galicia e desta plataforma.

Como complemento a esta iniciativa, os arquivos xestionados pola Xunta (Arquivo de Galicia; e históricos, do Reino de Galicia, Lugo, Ourense e Pontevedra) propoñen una viaxe polo tempo dentro da nosa Comunidade. Entre os diferentes recursos destacan exposicións virtuais en 3D e percorridos 360º ou as mostras do Arquivo do Reino, a última das cales foi publicado o pasado 8 de marzo, co gallo do Día internacional da Muller, e que leva por título Meigas, feitizos das menciñeiras: procesos xudiciais por bruxería.

Ademais, e aínda que os museos xestionados pola Xunta non están abertos, podemos explorar as súas coleccións e as actividades que se realizan neles ao través do mundo dixital.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com