" />

Continúan activos os lumes de O Courel e A Pobra do Brollón no que xa arderon 10.000 hectáreas

Os lumes que afectan a Folgoso do Courel e A Pobra do Brollón continúan arestora activos e xa arrasaron 10.000 hectáreas. Este incendio é a unión de catro lumes, dous de Vilamor e dous de Saa e continúa en alerta 2 pola proximidade aos núcleos de Parada de Montes e Carballal en Folgoso do Courel e Busto, en A Pobra do Brollón.

Asemade e tamén no Courel hai outro incendio, que xa arrasou 1.100 hectáreas, en situación de alerta 2 na parroquia de Seceda por proximidade do lume ao núcleo de Gamiz.

O resto de incendios na provincia xa están controlados ou estabilizados. Así, os lumes de Cereixido e Noceda en Cervantes e Nocedo en Quiroga están estabilizados; En canto aos lumes de O Castro en Cervantes, Ramil en Palas de Rei, Outeiro en Quiroga e Santa Mariña do Castro de Amarante en Antas de Ulla, están controlados.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo