" />
Cementos Cosmos. Na sala de xuntas da Consellería, 4º andar foto xoán crespo 28/02/17

A Xunta amplía ata o 15 de xuño as axudas da PAC para os gandeiros e agricultores

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que amplía ata o 15 de xuño o prazo que teñen
os agricultores e gandeiros galegos para solicitar as axudas da PAC. A orde modifica a emitida o pasado 12 de febreiro co obxectivo de dar resposta ás restricións levadas a cabo por mor do coronavirus, que impediron que moitos interesados se puidesen achegar aos
bancos ou ás entidades de aconsellamento que colaboran coa administración para a tramitación destas achegas.

Deste xeito, a orde establece que as solicitudes únicas destas axudas se poderán presentar de xeito telemático ata o 15 de xuño. Mentres, finalizará o día 30 do mes que vén tanto o prazo de modificación das solicitudes únicas como o prazo de presentación das solicitudes de alegación do SIXPAC e das comunicacións da cesión de dereitos de pagamento básico.
Prevese que uns 27.000 agricultores e gandeiros soliciten estas achegas, que xestiona o Fondo Galego de Garantía Agraria e que son de gran interese para o sector primario.

A Consellería do Medio Rural traballa con máis de 50 entidades colaboradoras para prestar apoio ás persoas interesadas nestas achegas, como son as entidades bancarias, asociacións agrarias, organizacións profesionais e as entidades de aconsellamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo