A Xunta asina 11 convenios co plan de patrocinio dos equipos galegos de alta competición

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias Rodríguez e polo Director Territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez Álvarez, formalizou no día de  hoxe 11 convenios do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de  Galicia para o exercicio 2015 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos  da provincia de Lugo.

En total, a sinatura desta tarde supón un investimento de 257.994,25 euros que irán  destinados aos seguintes equipos: Club Baloncesto Breogán S.A.D. Baloncesto 34.304,71, Club Porta XI C.B. Baloncesto 33.254,42 Club Perruquería Mixta Friol Fútbol 19.163,40, C.D. Burela F.S. (masculino) Fútbol Sala 42.797,48, C.D. Burela F.S. (feminino) Fútbol Sala 38.974,46, Club de Hockey Feminino Meigas Hóckey Liña 4.421,36, Club Patíns Lóstregos Lucus Hóckey Liña 4.407,68, Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial (masculino) Tríatlon 10.426,17, Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial (feminino) Tríatlon 11.867,12, Club Emevé (masculino) Voleibol 27.657,73 e Club Emevé (feminino).

Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, un 26% máis que no pasado ano, tendo por destinatarios a un total 111 equipos galegos.

Neste orzamento, ABANCA,patrocinadora oficial do plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de  febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola  entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns  de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.

Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel  desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por  clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación  por equipos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com