" />

A Xunta avanza na restauración do artesonado mudéxar da Igrexa de San Pedro

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade avanza nas obras de rehabilitación da igrexa de San Pedro, en Lugo, que xa loce restaurado o artesonado mudéxar, unha das escasas mostras deste estilo que existe en Galicia. Tamén están rematados os traballos nas cubertas do ciborio e dos cruceiros, e a limpeza e encintado dos paramentos exteriores na cabeceira, entre outros labores.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xornada de portas abertas organizada para amosar á cidadanía o monumento e os traballos que se están a levar a cabo para a súa conservación, que contan cun orzamento de preto de 760.000 euros.

Representantes da empresa adxudicataria das obras, Resconsa, e o arquitecto redactor do proxecto de restauración, Justo Portela, conduciron aos visitantes a través das distintas estancias repasando as características e a historia do monumento, que está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

A actuación que se desenvolve na igrexa -que en orixe pertenceu ao mosteiro de San Francisco- permitirá resolver as patoloxías existentes, fundamentalmente derivadas da humidade por filtracións na cuberta e nas fábricas.

Ademais mellorarase a imaxe do monumento harmonizando os acabados dos paramentos exteriores e incidirase na conservación do cruceiro e de elementos construtivos e decorativos de alto valor histórico artístico como son a portada histórica, o rosetón sur, a cornixa moldurada pétrea, o vanos góticos ou os contrafortes das capelas da cabeceira. Así mesmo, os traballos tamén incluirán a avaliación arqueolóxica na cabeceira da igrexa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo