A Xunta celebra o día do Usuario das Bibliotecas con máis dunha vintena de actividades

A Xunta de Galicia programa máis dunha vintena de actividades en toda a comunidade con motivo da celebración do Día do usuario das bibliotecas, unha data que, como cada ano, ten lugar o 11 de xaneiro. O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistirá ás distintas iniciativas que se levarán a cabo mañá na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Entre elas, a sesión de contacontos Contos de inverno a cargo de Ana Carreira ás 12,00 horas.

En Lugo as actividades principais desenvolvéronse hoxe, con visitas guiadas ás instalacións e cun espectáculo de maxia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com