Muralla Lugo Muralla Lugo

A Xunta celebra o XIX aniversario da Muralla como Patrimonio cunha mesa redonda sobre o impacto turístico

A Xunta de Galicia celebrará o décimo noveno aniversario  da declaración da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade cunha mesa redonda que se desenvolverá o vindeiro luns, 2 de decembro, no salón de actos da Delegación Territorial (ronda da Muralla, 70).

A cita será ás 19 horas e nela intervirán como relatores Mario Crecente -arquitecto, consultor turístico e profesor-; Tito Concheiro –arqueólogo e divulgador cultural- e os xornalistas Paco Nieto e Paco Rivera, moderados polo José Luís Ramudo tamén xornalista.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que nesta ocasión propúxose como tema ‘A Muralla: Patrimonio e Turismo’ para abordar aspectos relacionados “co impacto que tivo a declaración pola Unesco no atractivo turístico do monumento e da propia cidade, e como axudou a nova situación a incrementar o coñecemento da capital lucense no ámbito da nosa provincia, de Galicia, de España e tamén no estranxeiro”.

Balseiro engadiu que este foro tamén busca analizar, entre outros aspectos, “o eco que tivo este recoñecemento mundial, desde a perspectiva do tratamento nos medios de comunicación e o papel que estes xogan á hora de difundir o valor da Muralla como gran referente do rico patrimonio da cidade de Lugo”.

En anteriores ocasións, a mesa redonda da Xunta versou sobre os protoganistas institucionais deste recoñecemento mundial e, o ano pasado, sobre o equipo técnico de profesionais encargados da súa conservación, coidado e mantemento, polo que nesta ocasión se busca este novo enfoque.

Pero programa dos actos conmemorativos é aínda máis amplo, e iniciarase un día antes, o domingo 1 de decembro, co concerto da orquestra lucense de música clásica Luca (Lugo Camerata), que suma asía a súa participación a esta efeméride tan especial para a cidade de Lugo. Será a partir 20 horas, no salón de actos da Delegación Territorial. Interpretarán obras de Sibelius, L.E. Larsson, A. Piazzolla, E.Elgar e B.Britten. A duración aproximada será dunha hora.

Balseiro animou a todos os lugueses a asistir aos actos que acollerá a sede da Xunta, ambos con acceso libre e gratuíto ata completar o aforo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com