A Xunta contribúe con preto de 60.000 euros á promoción e difusión das festas de interese turístico da provincia

A Xunta de Galicia contribúe con preto de 60.000 euros á promoción e difusión das festas de interese turístico que se celebran en 18 concellos da provincia. A delegada territorial, Raquel Arias, explicou hoxe que Turismo de Galicia concede estas  axudas a todos os concellos que celebran eventos declarados de interese turístico de Galicia

Arias considerou que “a gastronomía, a cultura, a historia e a tradición de Lugo están a obter cada ano unha maior difusión grazas a estas festas que representan en si mesmas un importante instrumento de promoción que a Xunta vén de incentivar un ano máis”. Do total de concellos beneficiados, 16 lograron o importe máximo da subvención, 3.500 euros, importe que se destina a sufragar os investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión destes eventos.

As festas de interese turístico recoñecidas coas subvencións foron concretamente o XXXIV Festival Folclórico Internacional do emigrante (Barreiros), as Feiras e Festas de San Lucas (Mondoñedo), a Mostra do Aceite (Quiroga), o Folión dos Carros (Chantada), a Exaltación e Promoción do Ourizo (Cervo), a Festa da Castaña (Folgoso do Courel), a Feira de Santos (Monterroso), a Feira do Viño de Amandi (Sober), a Festa da Malla (Meira), a Festa da Faba (Lourenzá), a Festa de San Lourenzo 2015 (Foz), O Nadal do Belén electrónico (Begonte), o Arde Lucus 2015 (Lugo), a Festa do Naseiro (Viveiro), a Xira de Santa Cruz (Ribadeo), a XXXI Feira do Bonito (Burela), a Queima das Fachas 2015 (Taboada) e a Festa da Filloa (Cospeito).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com