" />

A Xunta fai entrega de tres novas vivendas de promoción pública en Lugo

A Xunta entregou esta mañá ás respectivas persoas adxudicatarias as chaves de tres vivendas de promoción pública na cidade de Lugo. Todas foron adxudicadas en réxime de aluguer. Unha delas está situada na Avenida Paulo Fabio Máximo e trátase dun apartamento cunha superficie duns 50 metros cadrados que conta cun dormitorio. Tamén se fixo entrega de dúas vivendas en Recanto do Miño, ambas de dous dormitorios e con 52 e 55 metros cadrados, respectivamente.

O xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Ramón Carballo, participou no acto entrega das chaves correspondentes a estas novas adxudicacións acompañado polo o xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, Javier Arias Fouz.

As persoas interesadas en optar a algunha destas promocións poden inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma, accesible tanto a través da sede electrónica como nas oficinas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

A entrega de vivendas de promoción pública é un proceso continuo que a Xunta de Galicia ten en marcha ao longo de todo o ano, segundo se vaian producindo as vacantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo