A Xunta financia a contratación de 106 socorristas para praias e piscinas da provincia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, facilitará a contratación de 106 socorristas, que velarán durante o verán pola seguridade nas praias e piscinas dos 32 concellos da provincia que solicitaron este servizo, segundo anunciou a delegada territorial Raquel Arias.

A resolución adoptouse esta mesma semana e xa se ten iniciada a comunicación aos concellos beneficiarios, para que poidan realizar a oferta de emprego de xeito inmediato. O investimento en axudas para a contratación de persoal de socorrismo supera os 315.000 euros, cifra similar á dedicada o pasado exercicio, e incrementouse en catro o número de concellos beneficiarios.

Segundo explicou a delegada territorial, “as axudas da Xunta de Galicia permiten aos municipios da costa contar con persoal suficiente para a vixilancia das praias durante os meses de tempada alta, pero tamén benefician a municipios do interior que contratan persoal de salvamento nas piscinas e praias fluviais”. En total serán 106 socorristas os que garantirán a seguridade tanto no litoral como en piscinas e praias fluviais

As axudas enmárcanse na liña de cooperación administrativa entre a Xunta de Galicia e as administracións locais. Así, a consellería sufraga a totalidade dos custos laborais deste persoal durante os meses de xullo e agosto, mentres que os concellos realizan as xestións de selección de persoal e contratación.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com