A Xunta impulsa unha nova edición do Certame de Investigación Condado de Pallares

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo acolleu hoxe a presentación da XIV Edición do Certame de Investigación Condado de Pallares, que convoca a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, no que supuxo o primeiro acto presencial que se celebra nesta sede dende a declaración da crise sanitaria.

Na presentación, na que se observaron as medidas de seguridade prescritas pola pandemia da covid-19, participou o presidente da asociación organizadora, Carlos Vázquez, xunto con representantes das entidades patrocinadoras. Así, por parte dos concellos asistiron os alcaldes de Chantada, Manuel Lorenzo, Guntín, María José Goméz, e Taboada, Ramiro Moure. Tamén participaron Manuel Varela López, presidente de Caixa Rural; Maite Ferreiro, en representación da Deputación Provincial, e os xerentes dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Lugo e Miño-Ulla, Paz Rodríguez e Javier Rodríguez respectivamente.

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora, que corre a cargo da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta. Os traballos deben ser orixinais e inéditos, estar escritos en lingua galega e cunha extensión mínima de 100 folios. O prazo de
presentación rematará o 30 de setembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com