A Xunta incorporou ao Rexistro de Protección Civil á nova agrupación de Ribeira de Piquín

A Xunta incorporou ao concello de Ribeira de Piquín ao Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, despois de que este mes fora constituída unha agrupación de voluntarios (AVPC).
A agrupación de Ribeira de Piquín conta de inicio con 6 membros e coa súa constitución, son xa 43 os colectivos e máis de 2.200 o número de voluntarios rexistrados que forman a rede de Protección Civil na provincia de Lugo.
Este ano foi constituída tamén a agrupación do Saviñao e durante o 2017 sumáronse as de Cervantes, Trabada e Negueira de Muñiz.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, eloxiou o traballo que realizan os voluntarios destes colectivos e destacou o compromiso da Xunta por seguir apoiando e colaborando coas agrupacións a través de distintas iniciativas, como a concesión de axudas directas, a adquisición de equipamento e a programación de actividades formativas.

Adquisición de equipamento
Balseiro subliñou que a Xunta fixo “unha importante compra de equipamento de emerxencias” dende o ano 2015 a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Entre o 2015 e o 2017, as agrupacións de Lugo recibiron 23 vehículos todoterreo; 8 furgóns para transporte e loxística; 18 remolques para a atención ás emerxencias; 7 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate; 10 esparexedores de sal, un remolque con carpa presurizadas para Posto de Mando Avanzado, un remolque de salvamento, un baúl de salvamento, 3 coitelas quitaneves, 42 desfibriladores, 45 traxes para a retirada de velutinas e 5 equipos de rescate en vehículos -este último material a concellos con GES-.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com