A Xunta leva a campaña de seguridade viaria ‘o corazón está do teu lado’ a escolares da provincia

Os escolares do CEIP Monte Baliño, de Pantón, e os do CEIP de Monterroso, xa forman parte da campaña da Xunta ‘O corazón está do teu lado’, que ten como obxectivo fomentar hábitos responsables nas estradas entre os máis novos. E este luns esta actividade será levará ao nenos e nenas do CEIP de Castro Verde.

Os rapaces de primaria do CEIP deste municipio de Lugo xa contarán mañá coas unidades didácticas coas que traballarán ao longo do curso para sensibilizarse da relevancia da seguridade viaria e do respecto ás normas de circulación.

Esta iniciativa da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, en colaboración coa de Educación, levarase a cabo este curso en 20 novos colexios da comunidade, dándolle así continuidade a esta actividade formativa que se vén desenvolvendo nos últimos anos.

A campaña vai dirixida a nenos de 6 a 12 anos, prevéndose que entre o pasado curso e o presente sensibilice aos nenos duns 40 centros escolares.

Nas vindeiras semanas a actividade realizarase nos seguintes colexios: López Suárez de Friol e A Gándara, en Monforte de Lemos.

Este programa, incluído dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, ten como obxectivo explicar e ensinar aos máis cativos a marxe da estrada pola que deben camiñar, sempre pola esquerda, polo lado do corazón.

Os cativos, a través do material co que traballarán co profesorado, aprenden a importancia de empregar as sendas peonís, camiñar polo lado do corazón, cruzar nos pasos de peóns ou facerse ver o máximo posible ante os vehículos que circulan pola vía.

A campaña busca, en definitiva, que os máis novos se preocupen pola súa propia seguridade viaria e contribúan, deste xeito, tamén á seguridade dos demais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com