" />

A Xunta mellora a eficiencia enerxética de cinco centros de saúde da provincia de Lugo

A Xunta de Galicia investirá 240.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de cinco centros de saúde da provincia de Lugo, o que evitará a emisión de 72 toneladas ao ano. Así, implantaranse caldeiras de biomasa nos centros de Navia, Ourol, A Pontenova e Chantada, que na actualidade utilizan propano, e no da Pastoriza, que consume gasóleo.

Esta medida é froito dun acordo marco subscrito entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a de Sanidade, para impulsar o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nos centros de saúde, logrando edificios máis respectuosos co medio ambiente e sustentables.

Este acordo enmárcase nos proxectos de enerxías renovables que a Xunta está impulsando en edificios da administración pública autonómica, dentro da aposta do Goberno galego por fomentar un cambio cultural no que se prioricen tanto o uso das enerxías renovables como actuacións e hábitos tendentes ao aforro enerxético. Deste xeito, ademais destes proxectos tamén se convocan axudas dirixidas a familias, empresas e entidades locais e sen ánimo de lucro.

Neste sentido, destaca a Estratexia da biomasa posta en marcha no ano 2014, co obxectivo de promover o uso deste recurso limpo, autóctono e renovable co que se conseguen aforros de ata o 60% con respecto a outras fontes de enerxía como o gasóleo, ademais de poñer en valor o monte galego, favorecendo a xestión forestal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo