" />

A Xunta pon en servizo a senda peonil e ciclista na contorna do poligono de Friol

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de poñer en servizo a senda peonil e ciclista na estrada LU-232, para a mellora da mobilidade sostible no entorno do polígono industrial do Concello de Friol.

Estes traballos, adxudicados á empresa Grupo Bascuas 2008 por un orzamento de case 214.000 euros, comezaron no pasado mes de setembro.

O obxectivo do proxecto é a integración da senda na vía actual, nunhas condicións de seguridade axeitadas e cuns criterios de deseño sostibles.

Os traballos consistiron na execución dunha senda compartida- para peóns e bicicletas- á altura do polígono A Gándara-Baiuca e ata a glorieta de entrada á travesía de Friol, entre os puntos quilométricos 18+300 e 18+870.

A construción deste itinerario complementouse coa ampliación da beirarrúa existente e a execución dun paso de peóns.

A senda executouse pola marxe dereita da estrada LU-232, cun ancho de 2 metros e unha lonxitude de algo máis de medio quilómetro, estando separada da calzada por unha cuneta de seguridade para a canalización das augas de drenaxe e unha banda axardinada. 

A execución desta senda peonil e ciclista contou co cofinanciamento do programa operativo FEDER 2014-2020.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo