" />

A Xunta reabre o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21

A Xunta reabriu no día de onte o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020-21. Este trámite que fora suspendido pola declaración do estado de alarma, reabriu para que as familias interesadas que non tiveran formalizado os trámites,  dispoñen de prazo ata o día 18 de maio para facelo.

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas disponibles.

Os trámites poden realizarse preferentemente por vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Atención: O prazo ordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas irá do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo