" />

A Xunta realiza a desinfección en espazos públicos de 12 concellos de Lugo

A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en espazos públicos de doce concellos da provincia de Lugo para “contribuír a  frear a expansión do coronavirus”.

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan na contorna de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde ou residencias da terceira idade, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.

Así, as tarefas de desinfección intensificaranse hoxe na metade sur da provincia. Os profesionais do servizo de incendios limparán no exterior dos centros de saúde de Samos, Triacastela, O Páramo, Portomarín, Láncara, Paradela e O Incio; tamén nas residencias da terceira idade destes tres últimos e na vivienda comunitaria para persoas maiores de Samos.

Na zona da Montaña estarán presentes no centro de saúde de As Nogais, o centro médico e a residencia do Cereixal de Becerreá, e no centro de saúde e a residencia de Baleira. Por último, tamén intervirán hoxe membros das brigadas da zona sur,  en concreto nos centros de saúde de Quiroga e Ribas de Sil.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que todos os días se programan este tipo de intervencións nos municipios da provincia de menos de 5.000 habitantes, para colaborar cos concellos rurais no mantemento destas infraestruturas de servizo público que resultan fundamentais e presentan un especial risco na situación actual.

Balseiro lembrou que os profesionais do SPDCIF están a levar a cabo nestes días este tipo de tarefas de limpeza de xeito extraordinario, por mor da situación de emerxencia orixinada pola pandemia. En todo caso, a Xunta salienta que a función principal deste corpo seguirá a ser a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar, unha cuestión que está garantida.

Os efectivos que realizan estes traballos contan coa debida formación e con todo o material de protección necesario, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias.

[

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mar 29, 2020 - 12:10 AM

    empezade polas vosas sedes

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo