" />

A Xunta realiza un novo envío de material de protección para traballadores de centros sociais e residencias

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza envía ao longo desta semana material de protección para o seu uso polas persoas que forman parte do cadro de persoal das residencias e centros sociais da provincia de Lugo.

En concreto, esta nova achega inclúe máis de 76.864 unidades de protección individual que se distribúen entre 79 entidades. Así, repartíronse 38.700 luvas, 37.621 máscaras, 112 batas non reutilizables, 200 gorros, 200 calzas, 31 pantallas faciais, 32 trípticos informativos, 360 botes de xel hidroalcoólico, e 136 garrafas de desinfectante.

As entidades que reciben estas achegas, públicas e privadas, son centros de maiores, menores, discapacitados, inclusión, igualdade e xuventude existentes na provincia de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo