" />

A Xunta vén de adxudicar a construción da nova senda peonil e ciclista de Portomarín

O Goberno da Xunta, en colaboración co Concello, aposta por poñer en valor un treito que percorre a nova ruta do Camiño Francés ata a ponte sobre o encoro de Belesar. O prazo de execución desta obra é de 6 meses.

Compre lembrar que este espazo é un dos accesos principais á localidade para os miles de peregrinos que realizan a ruta xacobea: tanto a pé, como a cabalo ou en bicicleta.

A senda consistirá nun itinerario de 260 metros na marxe esquerda da calzada, deste xeito farase posible executar un percorrido continuo sen ter que cruzar a estrada autonómica, o que fará que o percorrido ganará en seguridade á vez que se aposta por un modelo de mobilidade sostible vinculado a unha práctica que cada vez é máis común nas nosas vilas e cidades: o uso de sendas peonís e ciclistas.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo