" />

Aberta a exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’: Homenaxe a Carballo Calero en Guitiriz

Este domingo rendeuse homenaxe en Guitiriz a Ricardo Carballo Calero, abríndose a exposición don Ricardo de Fingoi, ao acto asistiu, entre outros  a  Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira;  o xornalista Xulio Xiz, que falou sobre os quince anos lucenses do profesor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. A mostra, que quedou aberta na planta baixa da Casa Habanera, onde poderá ser visitada de luns a venres de 10,00 a 13,30, está formada por trece paneis que reflicten os aspectos máis sobranceiros da etapa lucense do profesor Carballo Calero (1950- 1965), na que puxo en marcha e dirixiu o Colexio Fingoi, que vai a cumprir os seus primeiros setenta anos. Don Ricardo de Fingoi A mostra, organizada polo Colectivo Egeria, con patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio de Fingoi, reflicte as “pegadas de Carballo Calero en Lugo”, onde permaneceu quince anos (1950-1965), e desenvolveu unha moi importante actividade na investigación, na educación e na escrita.

O proxecto “Don Ricardo de Fingoi” inclúe, ademais desta exposición itinerante, un folleto que reflicte integramente os trece paneis, e unha web e un libro que recollerán opinións e lembranzas de ex-alumnos de Carballo Calero no Colexio de Fingoi. No seu período en Lugo, Ricardo Carballo Calero leu e publicou a tese de doutoramento, ingresou na Real Academia Galega e publicou a súa monumental Historia da Literatura Galega contemporánea. A exposición ten carácter itinerante, iniciando o seu percorrido no Colexio Fingoi (Lugo) o pasado 15 de xaneiro. Despois de estar en Santiago de Compostela, Sarria, Paradela, A Coruña e Ferrol, nos vindeiros meses chegará a centros educativos, culturais e concellos de toda Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo