Aberto o prazo para para a matrícula na Escola Municipal de Música

A partir de mañá nove de maio e ata o 27 a Escola Municipal de Música do Concello de Lugo abre o prazo para renovar a matrícula o vindeiro curso 2016-2017 para os alumnos que xa están matriculados .

Para o novo alumnado o prazo de inscrición comezará máis tarde, o 30 de maio, e rematará o 17 de xuño.

Os horarios de matrícula serán os luns de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas; os martes, mércores e xoves de 16:00 a 20:30 horas; e venres de 16:00 a 18:30 horas na secretaría da Escola Municipal de Música, que está situada na primeira planta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com