Aberto o prazo para que concellos e asociacións soliciten demostracións en vivo de oficios tradicionais

O Goberno provincial avanzou esta mañá que o BOP publica as bases da nova programación de Promoción da Artesanía 2019, que conta cun investimento de 15.000 euros, o que permitirá ofrecer demostracións en vivo de artesanía tanto a concellos como a asociacións. Todos os interesados teñen de prazo ata o 4 de marzo para presentar as súas solicitudes.

A liña de demostracións en vivo permitirá realizar exhibicións de coiro, olaría, cestaría, cantaría, forxa, talla de madeira, torno, tear e creación de espectáculos de monicreques. Son demostracións que ofrece a Deputación e que escollen posteriormente os beneficiados, ben sexan asociacións ou concellos.

Cómpre lembrar que o Executivo da Deputación asume todos os custos de organización e celebración do conxunto de actividades, dirixidas a impulsar e promover o sector artesanal da provincia. Os interesados en participar deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral da Deputación. E na web www.deputacionlugo.gal haberá un espazo con toda esta documentación, bases e anexos, así como coa información de prazos de solicitude.

As demostracións deben realizarse entre o 1 de marzo, e o 31 de decembro de 2019. Cada demostración deberá ser dun mínimo de 4 horas, e será financiada en solitario polo organismo provincial con 300 euros para todos os Concellos e asociacións da provincia que as soliciten.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com