Aberto o prazo para solicitar dúas bolsas de formación na Oficina de Turismo de Lugo

A Axencia de Turismo de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da oferta de formación práctica en atención e información turística para 2020, que inclúe dúas prazas para traballar na oficina de turismo que xestiona a Xunta en Lugo.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que as persoas interesadas teñen de prazo ata o día 9 de xaneiro para presentar as súas solicitudes. As bolsas terán unha duración máxima de cinco meses, cunha incorporación prevista en maio de 2020.

Están dirixidas a profesionais titulados a partir do 1 de xaneiro de 2014, que, entre outros requisitos, deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4 e tamén o coñecemento da lingua inglesa. As solicitudes valoraranse en base a uns criterios obxectivos fixados nas bases publicadas no DOG e incluirán unha proba de coñecementos turísticos.

Ademais de Lugo, a convocatoria oferta outras 12 bolsas de formación práctica en oficinas de turismo xestionadas pola Xunta en Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com