Ace creará un servizo público para coidados infantís, de anciáns e dependentes

Alternativa Cidadá de Esquerdas estivo a mañá do domimgo na rúa para falar de ti a ti coas familias lucenses, en zonas como a Praza Maior ou Campo Castelo, onde se concentran os domingos moitos do cidadáns e cidadás que teñen fillos/as. O obxectivo era achegarlles as propostas encamiñadas a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Unha das principais medidas neste senso é a creación dunha: Rede pública de traballadores e traballadoras cualificadas dedicada aos coidados infantís, de anciáns e persoas dependentes.

Segundo Carlos Portomeñe, candidato de ACE á alcaldía, “unha das nosa prioridades é a creación e fornecemento das infraestruturas sociais para atención e coidado dos máis pequenos e as persoas en situación de dependencia que libere ás mulleres da asunción en exclusiva destas tarefas, que tristemente na maioría dos casos seguen sen ser compartidas, tendo como consecuencia que sempre sexan elas as que se ven obrigadas a abandonar a súa carreira profesional”.

ACE propón tamén o uso dos centros educativos máis aló do horario e días lectivos, tendo en conta as necesidades sociais das familias hoxe en día. Os colexios abriranse para a realización de actividades pedagóxicas, lúdicas, deportivas e culturais; así como os seus comedores escolares en tempos vacacionais, para favorecer tamén a conciliación a un tempo que se atende ás familias máis desfavorecidas. Na mesma liña, activarase un servizo de almorzos madrugadores e outro de merenda escolar que os nenos e nenas das familias con menos recursos poderán levar para as súas casas, para garantir que ao menos fagan máis dunha comida ao día.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com