Ace-Eu critica as “présas electoralistas” do Goberno local na concesión de subvencións

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida considera que a aprobación con carácter extraordinario das subvencións nominativas pola Xunta de Goberno Local responde a unha “estratexia electoralista do Goberno”. Segundo a agrupación, estas subvencións nominativas veñen sen a obligatoria Memoria na que se pormenoricen as circunstancias específicas que motivan a concesión de cada subvención, de xeito que se acredite suficientemente a imposibilidade de aplicar a concorrencia competitiva.

“Non era necesario aprobar as subvencións de concesión directa en plena campaña electoral, non hai motivación que xustifique a urxencia. Debido a estas présas renúncianse aos mecanismos de transparencia e fiscalización, como por exemplo comprobar a súa adecuación ao Plan Estratéxico de Subvencións antes de ter sido concedidas”, salientou Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

ACE-EU considera unha “falta de respeto pola función pública” que os informes para explicar a necesidade de conceder xa estas subvencións “sexan todos un corta e pega de medio folio con argumentos xenéricos repetidos case ao pé da letra” polos distintos concelleiros e concelleiras. Ademais, este grupo municipal ve un motivo de preocupación a subveción concedida ao Club Prone Lugo, pola mesma contía que ao CD Lugo e o CB Breogán, por un total de 82.500 euros, o ano que baixou de categoría por impago dos arbitraxes.

“Este feito pon en dúbida os criterios municipais de concesión de subvencións e extende innecesariamente sospeitas de clientelismo sobre entidades sen ánimo de lucro que están a desenvolver unha labor encomiable no municipio, moitas veces sustituíndo o papel que debería cumprir a administración pública”, sinala Portomeñe.

“Como indica o propio interventor no seu informe, cómpre lembrar que a finalidade da subvención concedida non debe ser a participación sen máis nun campionato, senón que debe contemplarse mediante o prisma das obrigas do beneficiario”, rematou o concelleiro.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Abr 15, 2019 - 09:44 PM

    Xa

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo